Resumo e galería da xornada

Este é o resumo dun novo de semana que se nos volveu a pasar voando de pavillón en pavillón e de partido en partido.
Empezamos polos máis madrugadores, esta vez foi a quenda para os minis masculinos, o C e o B que o fixeron conseguindo unha nova vitoria cada un, xa o di o refrán….a quen madruga…
Os seguintes en saltar á pista foron os preminis, ambos cunha derrota, Peleteiro Verde que perdeu de forma avultada ante Pio e Peleteiro Branco ao que se lle escapou a vitoria por un punto de diferenza.
Mellor foi ás minis que gañaron ante Cluny e ante Ames.
Tamén nosas infantís lograron a vitoria o sábado á mañá no partido que xogaron ante A Estrada.
O último partido da mañá do sábado disputárono as preminis do equipo Azul que venceron a Compañía de María.
A tarde non empezou tan ben xa que nos dous primeiros desprazamentos do día atopámonos con senllas derrotas, perdía o Senior Masculino en Porriño e caían as cadetes, que levaban unha boa serie na segunda volta e perdían nesta ocasión en Ferrol.
A boa noticia chegábanos desde Riveira onde os nosos junior lograban a vitoria, nesta ocasión da man de Antonio Pinaque que será o encargado de levar ao equipo no que resta de tempada, ante a lesión de Fran Soriano.
Tamén en partido xogado fóra de casa caía o noso Infantil Masculino, os mozos de Roi facían un gran partido en Lugo ante o Estudantes, pero caían por 4 puntos de diferenza.
O domingo madrugaban os cadetes de local que vencían no pavillón Lorenzo de La Torre ao Cb San Pelayo, mentres perdían na casa os nosos dous infantís masculinos o B e o C. Non lle ía mellor ao noso cadete feminino de segunda división de caía derrotado en Cluny. Mentres que os seus compañeiros cadetes de primeira división caían en Tui por 8 puntos.
Sen dúbida o domingo non estaba a ser un bo día para o club e os seus equipos menos mal que algo cambiou á tarde e conseguimos dúas vitorias dos tres encontros que disputamos, venciamos en casa co infantil feminino de galega que segue contando os seus partidos por vitorias e o senior feminino que facía o mesmo ante Basquet Coruña; acababamos con todo cunha derrota, a do junior feminino en Pontevedra ante o Arxil.
Leste foi o resumo dunha fin de semana con poucas alegrías pero con moito baloncesto do que a pesar de non gañar tamén se goza, sobre todo con algunhas derrotas que case chegan a saber como vitorias.
Deixámosvos como cada fin de semana coa galería fotográfica.