Resumo e Galería da Xornada

Fin de semana con moi poucos partido, debido á ponte festiva e o parón para traballo de seleccións galegas de cara a preparar o Campionato de España que xogarán no vindeiro mes de Xaneiro.

Nestas Seleccións Galegas temos agora mesmo 5 representantes, 4 xogadoras: Adriana Martínez, Alba Moure, Carmen Suárez e Marta Sanmartín; e un xogador: Simón Bermúdez. Todos eles volven a casa co mesmo balance 2 derrotas e 1 vitorias, pero cheos de recordos e experiencias que non esquecerán.

Aproveitaron tamén os nosos adestradores para facer unha “concentración” en forma de cea de inicio de tempada, para xuntarse fora da pista e facer equipo. Sabemos que os máis novos cumpriron coas tradicións e xa son adestradores a tódolos efectos do club 😉

No canto a resultados…non foi a mellor xornada…;  o sábado pola mañán perdíamos co cadete feminino B, no seu desprazamento a Boiro, onde as de Pablo non eran quen de vencer as xogadoras do CB Santa Baia de Boiro. Xa pola tarde o Senior Masculino tiña que xogar novamente unha prórroga, pero esta vez non pudieron facerse coa vitoria e caían diante do Extrugasa Rio Ulla.

O domingo pola tarde

chegáballe o turno ó junior feminino que vencía na casa diante de CB Arxil, o senior feminino recibía a visita de Baxi Ferrol ó que gañaba e finalmente o cadete masculino B perdía na súa visita a Parrillada A Nosa CBPS

Deixamos a galería como cada fin de semana