Resumo e galería de fotos

Moitas cousas que resaltar desta pasada fin de semana, pero sen dúbida quedámonos cunha que nos encanta. Trátase do subcampeonato de Judo de Iago Zas na categoría -66kg, algo que alcanzou o sábado pola tarde en Lugo despois de disputar o partido que xogaba co seu equipo infantil masculino en Vigo o sábado á mañá. Isto cáusanos moita alegría non só polo seu éxito senón tamén pola implicación demostrada por Iago.

No resto da fin de semana hai que destacar a celebración dunha nova xornada de baby basket, esta vez celebrada en Noia onde os máis pequenos do club xogaron e gozaron do basket con outros clubs da zona de Santiago.

En competición os máis madrugadores volveron ser os minis con vitoria dos equipos B e C masculino e feminino diante de Ensino e Galogrín os mozos e Fontiñas Compañía as mozas.

Os dous preminis masculinos Azul e Branco caeron, diante de Obradoiro e de Pio XII. En Infantil masculino tocaba duelo entre amigos, xa que se medían os equipos B e C, con vitoria destes últimos.

A mañá do sábado tamén xogou o noso infantil masculino que co seu vitoria ante Seis do Nadal en Vigo mantense na cabeza da clasificación do grupo 2.

O cadete masculino continúa coa sua boa senda de resultados e vencían o noso equipo na pista de Rosalia 57-68.

Xa pola tarde chegaba a quenda do infantil feminino, que despois da derrota da semana pasada recibía a visita do CB Allaríz, ao que gañou 52-25.

Despois do infantil feminino chegaba a quenda das cadetes de primeira división que tamén se fixeron coa vitoria, nesta ocasión ante o Carmelitas de Ourense e tamén se manteñen na primeira posición do grupo de permanencia da primeira división feminina.

Os nosos equipos senior tamén disputaban os seus encontros na tarde do sábado, con derrota do Peleteiro Froitas Barreiro en Arteixo por 71-62 e vitoria do senior feminino Peleteiro Café Bar o Alba en Ferrol diante do BBCA 47-60.

O domingo levantabámonos coa vitoria do mini masculino en Lugo ante o Estudantes 67-88 e do infantil feminino B diante de La Salle 59-34.

A cruz veu co cadete masculino que caía en casa pola mínima ante Culleredo 75-77. Despediamos a mañá do domingo coa vitoria do cadete feminino B que levaba o partido en La Salle 32-57 e o junior masculino que facía o mesmo en Montouto ante Compañía de María 56-51.

Xa pola tarde xogaba o noso junior masculino ante o Rosalía Pio XII nun partido que probablemente será decisivo para a orde de clasificación para a Final a 4 que decidirá ao acompañante do Celta no Campionato de España.

Acababamos a fin de semana coa vitoria do Peleteiro C infantil feminino ante o Pio XII por 55-43.