Retomamos a actividade

Rematamos as nosas vacacións e retomamos a actividade.

O pabellón de Montouto deixa de estar baleiro, este luns iniciouse de forma oficial a pretemporada 2018-19.
Os primeiros en estreala foron os xogadores do noso equipo Junior Masculino. A súa participación na fase de ascenso á primeira división fixo que os nosos xogadores xa teñan que estar a se preparar para afrontala do mellor modo posible.
Esta fase dará inicio o primeiro fin de semana de Setembro. O frente deste equipo estará Fran Soriano.

Ademais do equipo Junior Masculino tamén empeza os adestramentos o equipo Junior Feminino, que tamén fará o seu debut ese mesmo fin de semana, pero no seu caso para disputar a Copa Galicia. Esta tempada o sea adestrador será Nacho Varela que cambia o equipo cadete polo Junior.
O terceiro equipo que acurtará as súas vacacións é o Cadete Feminino, que quixo comezar esta semana para conxuntarse canto antes de cara a  afrontar unha tempada moi esixente. O seu frente estarán Víctor Fernández, que deixa de adestrar o Junior Femenino e Pablo Carreira, nova incorporación o clube.

A partir da semana que vén xa empezarán a adestrar o resto dos equipos do Club.

Deixamos o calendario de adestramentos de esta semana a continuación.Calendario Semana 1