Segunda xornada do CAMPUS

Hoxe disputouse a segunda xornada do CAMPUS de Baloncesto Peleteiro nas instalacións de Monte Redondo.
O Colexio Manuel Peleteiro está a respirar baloncesto desde as 10 da mañá ata as 19 da tarde.
No día de hoxe os xogadores e xogadoras do Campus recibiron a visita de Blanca Millán. A actual xogadora das Black Bears de Maine deixou ao carón as súas vacacións para compartir a súa experiencia nos Estados Unidos onde estivo competindo na NCAA por terceira tempada consecutiva.
Os asistentes ó Campus puideron preguntarlle por detalles da súa vida nos Estados Unidos, métodos de adestramento, costumes etc..
Blanca puido asi mesmo lembrar os anos nos que ela mesma viña como participante ao Campus, só que este ano, tal e como xa fixo o ano pasado acudiu como un invitado e non como un participante. Ademais de asinar autógrafos e compartir xogos con varios dos grupos Blanca recibiu un obsequio e finalizou a súa estancia sacándose unha foto de grupo con todos os participantes do CAMPUS.
Xa pola tarde cada un dos equipos tiveron as súas sesións de adestramento, piscina e diversas actividades.