Suspensión Campionatos de España

Non por ser esperadas estas novas deixan de causarnos certa tristeza, sobre todo porque sabemos que os nosos rapaces e rapazas juniors e cadetes, tiñan os Campeonatos de España no seu obxetivo.

Sabemos que non tiñamos nada feito nin que fóramos a participar neles, pero si sabemos da ilusión que eles e elas tiñan.

Se a semana pasada era o Campeonato de España Junior o que se suspendía, onte chegoulle o turno ó Campeonato de España Cadete que tamén se decidiu que non se Vai celebrar.

Aquí uns links que fan referencia a estas suspensións:

https://www.mundodeportivo.com/baloncesto/basket-feb/20200402/48272894066/suspendidos-los-campeonatos-de-espana-junior.html

http://www.feb.es/2020/4/15/baloncesto/suspendidos-los-campeonatos-espana-cadete-clubes/82691.aspx

Dende aquí darlle moitos ánimos en primeiro lugar o Obradoiro Peleteiro que xa estaba clasificado como Campeón Galego, para o Campeonato de España Junior Masculino e tamén os nosos equipos junior feminino, cadete feminino e cadete masculino, sentímolo polas vosas ilusións, pero o baloncesto segue e teredes novas oportunidades e soños por cumplir!