T2014-15. Axenda 11-12 outubro

Preseleccións galegas cadetes
Ceti autonómico xogadores 2000
Ceti zonal de minibásquet

A actualidade da fin de semana vén marcada pola suspensión de todas as competicións deportivas por ser data reservada para o traballo coas seleccións galegas. Aínda así, esta fin de semana bota a andar a competición sénior feminina. O equipo de Nacho Varela, encadrado no grupo sur da 2ª división comeza a competición na casa o próximo domingo ás 19.00h

Mostaza-FernandoComezan a traballar esta fin de semana as preseleccións galegas cadetes. Estaremos presentes na masculina coa citación de Fernando Mostaza entre os 15 afortunados. O traballo desenvolverase o sábado e domingo non pavillón M. Coto Ferreiro da Estrada de 10-12 polas mañás e de 16-18 polas tardes. Oportunidade única de novo para que volva vivir outra experiencia igual á da selección infantil da que tamén formou parte.

E tamén o faremos na feminina, pero neste caso na parte técnica. Víctor Fernández  comeza o seu traballo como adestrador axudante de José J. Vázquez.

A concentración terá lugar o domingo en Noia, no pavillón Alonso Rodríguez. Alí, Víctor que vén de proclamarse subcampión de Copa Galicia co equipo júnior, impartirá maxisterio ás futuras integrantes da selección.

Vctor FernndezCon vistas a ir traballando cos futuros integrantes da selección galega cadete masculina, o domingo 12 terá lugar na Estrada un CETI autonómico con 13 xogadores cadetes do ano 2000 (1º ano) entre os que estará a nosa recente fichaxe procedente do Barco,

Carrera-AlexÁlex Carrera e integrante do equipo cadete de 1ª división.  En dobre sesión, de 12 a 14 e de 18 a 20h, terán a ocasión de mellorar a súa técnica individual.

Dando comezo tamén a este traballo de tecnificación individual, este sábado no pavillón do Restollal, estarán presentes os nosos xogadores minis e preminis. Alí terán a primeira oportunidade de seguir gozando deste deporte. No arquivo adxunto incluímos a convocatoria.

En hora boa aos citados e feliz fin de semana a todos.