Terceira xornada de liga para o Peleteiro Hyupersa Santiago

Esta fin de semana, e despois de pasar todo o equipo as pertinentes probas na tarde de onte, chega a terceira xornada de liga para o Peleteiro Hyupersa Santiago.
Despois do dobre enfrentamento diante do Forbe Seis do Nadal tócanos viaxar a Pontevedra para enfrontarnos a un clásico do baloncesto feminino galego o CB Arxil.

O encontro, este domingo ás 12:00, é prácticamente a porta pechada, con so 30 persoas no pavillón, poderase segiur na seguinte ligazón: https://youtu.be/OuwpEm6sghk

Agardamos que sexa un bo encontro e que na medida do posible véxase reflectido na cancha o bo traballo que está a realizar o equipo estas semanas.

Como nota a destacar o equipo contará con 11 xogadoras por primeira vez nestas primeiras semanas de tempada e só teremos a baixa de Carmen Willisch que por motivos laborais non poderá participar no encontro. O resto da plantilla (Clara, Silvia, Iria, Lucía Sara, Marta, Paula L, Paula G, Xiana, Cris e Tanya) está en perfectas condición para acometer o encontro.

¡Sorte equipo!