Último PDC da tempada 2017-18 con catro colexiais presentes

Este próximo sábado 23, nas localidades de A Estrada e Noia, terá lugar a derradeira concentración da tempada dos encontros de tecnificación para xogadores de 1º  ou 2º ano das distintas categorías.

Por parte de ADM Peleteiro están citados no grupo feminino de 2005 (infantís de primeiro ano) as xogadoras Adriana Martínez Caulonga e Alba Moure. A cita será en Noia.

E no grupo de 2008, preminis de 2º ano, está citada na Estrada a nosa xogadora Rocío Suárez.

Súmase a última hora ao grupo feminino de 2003 Paula Tábora que se concentrará o sábado na Estrada.

Parabéns ás catro e que gocen desta nova oportunidade de aprender, mellorar e convivir.