Útima xornada na casa para os minis

PELETEIRO || OBRADOIRO CAB

45 || 74

Achegámonos ao final desta fase polo título co equipo falto de confianza e nestas recibiamos en Montouto a visita do sempre competitivo Obradoiro CAB.

O partido comezou cunha agresiva defensa dos obradoiristas á que nos custou adaptarnos e que provocaba moitos erros que se transformaban en canastras doadas (3-11).

No 2º e 3º parcial a dinámica empeorou para nós pois aos erros que seguiamos cometendo sumábase o acerto do rival que se viña  arriba. O noso equipo desesperado, era incapaz de atopar resposta ou de plasmar no campo as solucións propostas. Un parcial de 5-16 e outro de 3-13 deixábanos fóra do partido antes do tempo de descanso ao que se chegaba con 11-40.

No 4ºe 5º sexto o equipo seguía KO e o rival xogaba a pracer. Co partido no peto os do Obradoiro baixaron o ritmo o que fixo que polo menos en ataque atoparamos algo de osíxeno pechándose dous parciais de (8-16) e (6-10).

O derradeiro sexto foi outra cousa. O equipo conseguiu esquecer o que pasara e dedicouse a traballar. Pouco a pouco foi recobrando o pulso e a súa identidade. Apertaba en defensa, corría e anotaba con fluidez e acerto. Os visitantes xa non tiñan facilidades para atacar e a súa defensa non nos podía parar. Parcial de 20-8. Final 45-74.

 Aínda que varios xogadores deron un  paso adiante nos adestramentos e nos partidos intentando que as baixas se notasen o menos posible, nunha rotación de 11 ou 12 xogadores é insuficiente se todos non remamos na mesma dirección.

O derradeiro período demostrounos que a pesar das baixas podemos competir a moi bo nivel e pelexar pola vitoria contra calquera. A vindeira fin de semana, derradeiro e definitivo partido contra Montrove onde temos a posibilidade de clasificarnos. Depende de nós!

Ficha técnica

1ª división minibásquet masculina,

grupo Norte A1, xornada 9ª.

Xornada: 9ª

Pavillón de Montouto. Sábado, 12 de maio, ás 12:00.

Parciais: 3-11// 5-16// 3-13// 8-15//5-10//20-8//  

5 Inicial: Jacobo, Juan, Manu, Martín T. e Alexandre.

Sen eliminados.

Xogaron:

Román, Álvaro, Jacobo, Martín T. , Miguel, Jose,

Martín S., Alexandre, Santi, Juan e Manu.