Victoria na volta á competición das infantís C

Encontro e resultado: ROSALÍA PIO XII 23 – PELETEIRO C 63

Competición: 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMENINO

Xornada:

Lugar e hora: PABILLÓN IES ROSALÍA DE CASTRO. DOMINGO as 12:00

Parciais: 7 – 13// 6-14// 4 -22// 6 -14//

5 Inicial: INÉS, LUCÍA ESTRAVIZ, LUCÍA VILLARQUIDE, OLIVIA e NURIA

Eliminadas: SEN ELIMINADAS

Xogaron e anotaron: INÉS, LUCÍA ESTRAVIZ, LUCÍA VILLARQUIDE, OLIVIA, NURIA, ISA e LUCÍA FOIRA

 

Crónica:

Despois de 3 semanas sen competir o equipo visitaba ao Rosalía Pio XII outra vez con varias baixas aínda que afortunadamente recuperabamos a 3 xogadoras.

Custounos entrar no encontro pois á previsible falta de ritmo uníase o feito de que 3 das nosas xogadoras practicamente debutaban na competición logo de recuperarse de diversas enfermidades e lesións. Así e todo conseguíamos adiantarnos no marcador 7 -13.

No 2º cuarto a pesar dos moitos erros de lectura e de non ter ritmo defensivo, aproveitabamos o acerto ofensivo para seguir aumentando a renda 6 – 14 chegando ao descanso 13 – 27.

Esperábamos a reacción do equipo local pero as nosas xogadoras, sabedoras da importancia dun bo comezo, non deron opción ao rival. No posiblemente mellor cuarto de toda a tempada, unha intensa defensa facía que as xogadoras locais apenas tiveran oportunidade de anotar

mentres esa boa inercia facía que o noso ataque fose fluído e eficaz. O parcial foi claro 4 – 22.

No derradeiro cuarto co equipo local algo desanimado o noso equipo continuou defendendo con intensidade e atacando con fluidez aínda que con menos acerto (6 -14). Final 23 – 63.

Gran partido o deste domingo con tódalas xogadoras aportando nos dous lados do campo.

Agora ven o “parón” do Nadal que nos pode cortar esa progresión que albiscamos hoxe por momentos no xogo do equipo. No lado positivo o de poder recuperar xogadoras e que co novo ano poidamos, por fin, competir co equipo ao completo e ver de que somos capaces.

Bo Nadal e que o novo ano nos traia folgos para seguir traballando máis e mellor.