Vitoria cómoda dos júniors no regreso á competición

ADB Fontiñas Alcampo 23 –  Peleteiro 76

2ª división júnior masculino, grupo D, xornada 2ª.  Pavillón de Fontiñas. Domingo ás 10:00.

Parciais: 8-15,  0-19 (8-34); 5-25 / 10- 17

Xogaron e anotaron: Luis 10, Carlos M. 2, Germán 6, Diego 4, Miguel 3, Juan 8, Carlos N. 8, Óscar 4, Pablo 2, Víctor F. 10, Víctor C. 10 e Ramón 9.

A pesar do avultado resultado final, ao equipo  custolle entrar en xogo na matinal do domingo.

O comezo foi esperanzador xa que o equipo saíu ben plantado defensivamente e en ataque conseguía boas opcións para anotar, pero non tiñamos o feeling suficiente para materializalas o que propiciaba unha estrea de partido bastante igualada (8-15).

Xa no 2° cuarto mantendo a intensidade defensiva e mellorando a efectividade en ataque o equipo logrou un parcial de 0-19 que marcou o resto do encontro.

Nos seguintes 2 parciais mantívose a dinámica grazas a  ampla rotación dispoñible e o espiritu competitivo de todo o grupo. Final 23-76.

Próxima xornada: Extrugasa Río Ulla – Peleteiro