Vitoria do Peleteiro Frutas Barreiro para despedir o ano como lider

Encontro e resultado: Peleteiro Frutas Barreiro 84- ADB. Fontiñas 72.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 8º
Lugar e hora: Montouto ás 21:30.
Parciais: 13-16//22-17//20-19//29-20
5 Inicial: Carlos, Fer, Antón, Santi e Andrés.
Eliminados: –
Xogaron e anotaron: David (19), Vicario (18), Pedro (4), Carlos (2), Raviña (10), Antón (4), Mauro (non xogou), Santi (7), Andrés (10), Chechu (6), Ramón (3).
Crónica:
As dúas semanas que levabamos sen xogar pasou factura no arranque do partido. Pouco intensos en defensa e espesos en ataque, de aí que os de Fontiñas se impuseran 13-16 no primeiro cuarto.
No segundo cuarto subimos a intensidade defensiva, mentres que en ataque David Pazo asumía na faceta anotadora con 11 puntos. Chegabamos ao descanso dous arriba, 35-33.
Tras o paso polo vestiario os visitantes comezaron máis enchufados e aproveitaban as nosas perdas para poñerse por riba. Ate finais do cuarto non fomos capaces de volver a darlle a volta ao marcador, volvendo a subir as liñas defensivas e con Andrés como estilete ofensivo.
No último cuarto chegaron os mellores minutos de xogo e con total continuidade en todo o cuarto. David volvía a anotar varios triples e Fer poñia a puntilla con case 10 puntos consecutivos que facían que a vitoria quedase na casa e asegurando a entrada no grupo do ascenso.
Ate o 11 de xaneiro non volvemos a xogar e será en Arteixo. Un partido  decisivo, no que de traernos a vitoria asegurariamos o primeiro posto do grupo. O problema está en ver en que condicións chegamos ao non dispoñer de moitas sesións de entrenos ate esa data. Finalmente desesarvos a todos/as os que nos acompañades un Bo Nadal e venturoso 2020.