Vitoria do Peleteiro Frutas Barreiro pola mínima nun encontro igualadisimo

Encontro e resultado: Peleteiro Frutas Barreiro 82 – CB.Allariz 80.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 6º Segunda Fase
Lugar e hora: Montouto ás 20:00.
Parciais:

28-18

07-22

Resultado ó descanso: 35-40

17-14

30-26.
5 Inicial: Carlos, Fer, Antón, Santi e Andrés.
Eliminados: Carlos, Antón, Santi, Ravi.
Xogaron e anotaron: David (1), Vicario (26), Pedro (5), Carlos (6), Antón (5), Mauro (1), Santi (11), Andrés (18), Ramón (6), Raviña (2), Soriano (1).
Crónica:
Partidazo o vivido o sábado en Montouto. Cheo de intensidade e emoción pero tamén un partido estrano con 4 descalificados pola nosa banda (1 por faltas e os outros tres por acumulación de técnicas e antideportivas) algo que non nos lembramos que pasara nunca. Tamén cunha gran desconexión pola nosa parte no segundo cuarto. Os dous equipos mereceron e puideron levarse o partido pero, cando o peor o tiñamos, sacamos o espiritu gañador para deixar a vitoria na casa.
Comezamos ben entonados o partido e a pesar do gran acerto dos visitantes conseguiamos rematar o cuarto 10 arriba cunha anotación moi repartida.
O segundo cuarto foi nefasto. Non atopabamos aro, non se buscaban as mellores opción de tiro e a defensa desaparecía. Parcial de 7-22 para os alaricanos para chegar ao descanso 5 abaixo.
Tras o descanso o equipo volveu a saír metido e o partido converteuse nun toma e daca por parte dos dous equipos. 52-54 para finalizar o cuarto.
O último cuarto foi de tolos. Comezamos a perder xogadores por acumulación de técnicas e antideportivas e os visitantes xogaban con moita claridade e acerto. A falta de 6 minutos perdiamos por 12 puntos e non pintaba nada ben. Cunha presión a toda pista que nos facilitaba canastras rápidas e un 3+1 de Vicario chegabamos a empatar en pouco máis de 3 minutos. Entramos nos minutos finais con todo por decidir e aí tivemos nós maior acerto desde a liña de tiros libres (4 de Pedro) e dúas boas defensas para acadar a vitoria.
Para a vindeira semana outro duro partido que nos espera, nun novo derbi contra Compañía, o sábado ás 20:00 na súa casa.