Vitoria dos cadetes en Marín con premio

MARIN PEIXEGALEGO || PELETEIRO A

69 || 80

Nova vitoria fóra da casa que nos da clasificación para o play-off a falta de catro xornadas.

Partido moi igualado durante todo o encontro, só nos dous últimos minutos de partido fomos capaces de abrir diferenzas no marcador.

O partido comezou cos dous equipos moi fortes en ataque pero pouco intensos na defensa, o que permitiu un primeiro cuarto de anotación bastante alta por parte dos dous equipos.

No segundo cuarto seguimos na mesma liña de xogo, aínda que con algo menos de acerto en ataque, na defensa non eramos quen de parar as penetracións do rival de aí que non fosemos capaces de distanciarnos no marcador e ao final do cuarto, a pequena renta que tiñamos foi neutralizada polo rival, chegando ao descanso do encontro un punto abaixo.

Despois do descanso o equipo saíu decidido a pelexar polo partido e a pesar de subir a intensidade defensiva que nos permitiu coller unha pequena vantaxe no marcador, nunca fomos capaces de distanciarnos e chegamos ao último cuarto dous puntos arriba.

No derradeiro cuarto seguiamos a dominar no rebote e aínda que estabamos intensos en defensa, pequenos erros era aproveitados polo equipo rival de xeito que non eramos capaces de marcharnos no marcador, só nos últimos dous minutos de partido fomos capaces de dar un pequeno arreón e chegar ao marcador final de 69– 80.

Partido difícil nunha pista complicada e ante un rival que se está a xogar moito na clasificación, pero o equipo foi quen de pelexar ata o final e levarse a vitoria, que nos permite afrontar os últimos partidos coa tranquilidade de saber que xa temos a clasificación para o play-off. Agora a seguir traballando, mellorando e a pelexar por estar o máis arriba posible na clasificación.

1ª división cadete masculina, xornada 18ª.

Pav. Sequelo (Marín), domingo, 12:00

Parciais: 23-22 / 16-16 (39-38) / 13-16 / 17-26

5 I: Luís, Lolo, Pablo V., Antón, Mario.

Eliminado: Carlos R.

Xogaron e anotaron:

Luís (25), Lolo (9), Bryan (0), Juan (0), Carlos H. (0),

Pablo M. (2), Nico (0), Pablo V.(14), Antón (17),

Carlos R.(4), Mario (9).