Vitoria no derbi, diante de Compañía, que afianza ó Peleteiro Frutas Barreiro no primeiro posto

Encontro e resultado: Compañía de María 71 Peleteiro Frutas Barreiro 72.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 7º
Lugar e hora: Compañía ás 20:30.
Parciais:

15-18

18-13

Resultado ó descanso: 33-31

17-19

21-22
5 Inicial: Mauro, Ravi, Antón, Santi e Andrés.
Eliminados: –
Xogaron e anotaron: David (13), Vicario (15), Pedro (non xogou lesión), Carlos (2), Raviña (7), Antón (2), Mauro (1), Santi (7), Andrés (10), Chechu (4), Ramón (4), Pablo Míguez (5).
Crónica:
Tras un arduo traballo de 40´ conseguimos traernos a vitoria para casa, no derbi ante Compañía de María, na volta da segunda fase. Nun partido no que o rival en ningún momento nos deixou xogar cómodo nin impoñer o noso xogo.
No primeiro cuarto comezabamos ben o partido intentando facer valer a nosa maior envergadura pero en defensa, a pesar do esforzo, nos custaba defender a súa mobilidade. 15-18.
No segundo cuarto, ao contrario do que se podía pensar, o locais nos facían dano no rebote e dábanlle a volta ao marcador. En ataque xogabamos moi precipitados e facendo malas lecturas, de aí a desventaxa de dous puntos, 33-31.
Tras o descanso viñeron os mellores minutos de xogo, con Fer anotando preto do aro pero en defensa seguiamos sen poder contrarrestar o seu xogo. Empate a 50.
No derradeiro cuarto a incertidume do resultado mantívose ate o último segundo. Os de Compañía anotaban desde a liña de tiro libre, mentres nós tiñamos acerto na pintura e movíamos ben o balón. Unha canasta de David dábanos vantaxe pero os locais aínda disporían de saque de banda a falta de 7´´. A nosa defensa foi moi boa e conseguimos a vitoria que nos permite seguir liderarando o grupo.
Ate o xoves 19 ás 21:30h. en Montouto non volvemos a xogar (partido cambiado a petición dos de Fontiñas), polo que esperamos seguir adestrando ben e recuperar aos lesionados para rematar o ano con vitoria.