XORNADA BABY BASKET EN MONTOUTO

Esta fin de semana, concretamente o domingo 26, tócalle organizar ó noso clube a xornada de Baby Basket.

Durante toda a mañá os rapaces máis pequenos e pequenas disfrutarán do baloncesto xogando no caso de prácticamente todos eles o que será o seu segundo partido de baloncesto.

Estes partidos ademáis teñen como característica principal a ausencia de marcador e resultados finais, xa que o realmente importante é que todos eles teñan o seu primeiro contacto co baloncesto en modo de partidos.

Deixámosvos aquí os horarios de xogo para esta concentración e animámosvos a que participedes desta xornada.