Xornada mini de 1ª división do 17 de decembro

PELETEIRO  || BASQUET CORUÑA U12

79 || 35

Outra xélida mañá de domingo en Montouto para recibir a visita do equipo coruñés de Basquet Coruña con algunhas baixas e varios dos xogadores arrastrando diversas molestias e lesións que non lles impediron axudar ao equipo nun exemplo de compromiso e compañeirismo.

O equipo saíu bastante activo intentando coller un ritmo defensivo que logo nos permitira atacar con fluidez e pouco a pouco o fomos conseguindo para pechar o 1º parcial 14-6.

No 2º sexto a pesar de manter o nivel defensivo non conseguíamos materializar en canastras ese bo traballo con varias perdas por precipitación e algúns erros na finalización (4-2).

No seguinte parcial si que fomos quen de rachar o encontro con un marcador de 17-4 baseado nas transicións rápidas e na concentración defensiva que impedía ao rival facer a seu xogo de ataque e non dando segundas opcións. Ao descanso 35-12.

Co descanso o equipo coruñés aumentou a súa intensidade para intentar volver ao partido e iso unido a unha certa relaxación nosa provocou un sexto igualado e de moito acerto polos dous bandos con un parcial de 15-12.

O equipo decatouse de que non podemos relaxarnos e volveu a concentración e o traballo defensivo para desactivar o ataque rival mentres seguíamos anotando con fluidez para acadar outro claro marcador de 13-0.

Co partido decidido o derradeiro sexto foi máis de intercambio de canastras con un parcial de 16-11 pechándose o encontro con vitoria por 79-35.

Chega o Nadal e o parón na competición. Boas festas a todos e a todas e que o vindeiro ano veña con saúde, emoción e bos momentos para todo o equipo e as familias.

Ficha técnica

1ª división mini masculina, grupo norte B, xornada 8ª.

Pavillón Montouto (Colexio M. Peleteiro), domingo, 10:00

Parciais: 14-6 / 4-2 / 17-4 / 15-12 / 13-0 / 16-11. 

5 Inicial: Hugo, José, Juan, Manuel e Alexandre.

Xogaron:

Hugo, Álvaro, Martín T. , Juan, Iago, Miguel,

José Mª, Alexandre, Manuel, Román, Nico e Lucas.

Sen eliminados.

PELETEIRO || SIGALETEC

16 || 67

 

Partido complicado para las colegiales que volvían a enfrentarse al equipo de Villagarcía, la superioridad física y en el rebote quedó patente desde el minuto uno, aún así las jugadoras lo intentaron hasta que la diferencia en el marcador fue insalvable.

Seguimos sin estrenarnos esta temporada aunque estuvimos apunto, lo intentaremos a la vuelta de las vacaciones con más fuerza y ganas.

Agradecer de manera notable la ayuda y el compromiso de las jugadoras del equipo B que semana tras semana nos acompañan para poder completar el equipo debido a las bajas, esta semana fueron Lucía y Ari.

Feliz Navidad a todos los miembros del equipo, familiares y gente que nos siga y desear que este año nuevo sea bueno para todos.

Ficha técnica

1ª división mini feminina, grupo norte B, xornada 8ª.

Pavillón Montouto (Colexio M. Peleteiro), domingo, 10:00

ParciaIs: 2/21, 5/13, 4/9, 2/9 y 3/15.

Xogaron:

L. Foira, L. Estraviz, Isabel, Iria, Eva, Inés, Sofía,

Ari, L. Villarquide y Nuria.

S2in eliminadas.

Baixa: Alba e Carmen.