Xornada mini de 1ª división do 8 de abril

OBRADOIRO CAB || PELETEIRO

56 || 76

Despois de máis dun mes sen xogar partido oficial, volvíamos á competición visitando a difícil cancha do Obradoiro CAB onde caeramos derrotados na 1ª fase pero a boa dinámica de traballo das derradeiras semanas facía que o equipo se sentise preparado para competir.

Custounos arrancar sobre todo ofensivamente pois o noso xogo era confuso o que provocaba malos ataques e perdas que o rival castigaba con transicións rápidas é aínda que en defensa traballabamos ben no 5c5 varios erros deixaban que o rival se escapase no marcador (15-6).

No 2º sexto o equipo subiu un par de marchas o nivel defensivo o que nos proporcionou varias canastras doadas isto fixo que aumentara a confianza e que atacaramos con máis fluidez pechando un parcial de 7-16 que devolvía a igualdade no marcador.

O equipo estaba en boa dinámica sobre todo en defensa e non daba opcións ao rival pero en ataque non estabamos todo o acertados que deberíamos o que nos impedía coller unha maior vantaxe (3-9). Ao descanso 25-31.

No 4º sexto cometiamos faltas rapidamente, moitas innecesarias, que facía que entraramos en “bonus” moi pronto o que aproveitou o Obradoiro para  reducir as diferenzas dende o tiro libre  aínda que o noso acerto ofensivo facía que mantivésemos unha pequena renda (14-13).

No seguinte sexto, un par de erros nosos, que aproveitaba o rival dende o perímetro, facíanos encaixar un parcial de 8-2 co que o Obradoiro conseguía poñerse por diante pero o equipo unha vez máis sacou o seu carácter e con unha defensa abafante respondeu con outro parcial de 1-13 para pechar o sexto con 9-15.

Con vantaxe e confianza no derradeiro sexto o equipo non baixou o nivel apertando máis se cabe. A nosa defensa bloqueaba ao rival mentres en ataque anotabamos dende tódalas posicións, as veces incluso con excesiva presa, acadando un parcial de 8-17 o que nos daba unha avultada vitoria 56-76 quizais excesiva para o igualado encontro.

Inxente traballo e esforzo o realizado por todos os xogadores que nos fai estar en boa dinámica pero debemos trasladar isto aos adestramentos para corrixir erros e interiorizar máis os conceptos o que nos permitiría  mellorar e medrar como equipo.

Ficha técnica

1ª división mini masculina, grupo Norte A1, xornada 4ª.

Pavillón do Restollal, domingo, 10:00

Parciais: 15-6 / 7-16 / 3-9 / 14-13 /9-15 / 8-17 

5 Inicial: Iago, Jorge, Hugo, Juan e Alexandre.

Eliminado: Manu.

Xogaron e anotaron: Hugo, Álvaro, Martín S.,

Martín T. , Iago, Miguel, Jorge, Jose Mª,

Alexandre, Juan e Manu.

Peleteiro || Basket Coruña

28 || 63

Partido flojo de las minis tras las vacaciones de Semana santa, en esta tercera jornada nos visitaba el equipo de Coruña con el que nos jugábamos el segundo puesto del grupo, al final no pudo ser por la clara superioridad de las Herculinas tanto en ganas como en intensidad. Comenzábamos erráticos en el tiro pero con buenas defensas, en segundo cuarto algo mejor en ataque pero el tercer cuarto con un parcial demoledor ya nos dejaron sin opciones y el equipo tiró la toalla hasta los dos últimos cuartos donde volvimos a engancharnos al partido aunque ya era demasiado tarde.

Para la semana visitamos al equipo de Ferrol con el que nos jugaremos ser colistas en esta fase, esperemos que la actitud de las jugadoras cambie tanto en los entrenamientos como en los partidos y logremos ser competitivas hasta el final de la liga.

Ficha técnica

1ª división mini feminina, grupo Norte A2, xornada 3ª.

Pavillón de Montouto, domingo, 12:00

Parciais: 0/8, 7/9, 0/21, 2/11, 11/6 y 8/8.

Xogaron:

Lucía E, Iria, Carmen, Eva, Inés, Sofía,

Alba, Lucía V, Nuria e Rocío.

Sen eliminadas.

Baixa: Isabel.