Xornadas de traballo coa Federación Galega para varios dos nosos xogadores e xogadoras

A pesar de estar xa de vacacións son moitos os xogadores do noso club que estas semanas terán traballo cos adestramentos da Federación Galega de baloncesto.

Os nosos cadetes:

Miguel Gil

Javier Prieto

Pablo Álvarez

Teñen concentración de PDC coas preseleccións cadetes, os días 27/28 e 29 de Decembro, e participarán nun Torneo que organiza a Federación Portuguesa, para o que se trasladarán a localidade de Anadia (a carón de Aveiro) onde se xogará o Torneo. O Torneo dispútase os días 28 e 29 de decembro no Pavillón Deportivo de Anadia, xogando partidos contra as seleccións invitadas de Aveiro, Porto e un equipo nacional.

Os infantís Jacobo Díaz e Gael Tadeo Barral tamén disfrutarán dunha concentración en A Estrada o 28 de Decembro.

As minis tamén teñen concentración estas Navidades, os días 2, 3 e 4 de Xaneiro, datas nas que disputarán o Torneo Teresa Herrera na Coruña. Aquí teremos a representación de Rocío Suárez que previamente, o día 28 de Decembro participará nunha concentración que se vai celebrar en A Estrada a modo de preparación para este Torneo.

A todos eles unense as nosas infantís Adriana, Alba, Carmen, Marta e Simón, que terán concentracións o 22, 23 e 27 e 28 de Decembro a modo de preparación para o Campionato de España que se xogará en Huelva do 2 o 8 de Xaneiro.