O noso Colexio recibirá a Distinción ó mérito deportivo de Galicia 2018

A Secretaría Xeral para o Deporte fixo públicas as 26 distincións ao mérito deportivo de Galicia 2018.

As distincións foron creadas mediante a resolución do 28 de outubro de 2010 e son concedidas en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean a contribuír, ou haxan contrubuido ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma

Nesta edición temos o grande privilexio de que o noso Colexio figura entre os premiados.

Coa distinción concedida pola Xunta, o noso colexio ve recompensado o proxecto educativo do centro, no que o deporte é un dos seus eixos fundamentais. Non en balde, son moitos os alumnos que participan en actividades de diversas disciplinas: atletismo, baloncesto, fútbol, karate, patinaxe, ximnasia rítmica, xadréz…
Desexamos que esta distinción supoña un estímulo para continuar mellorando e proporcionando aos nosos alumnos valores como os deportivos no seu desenvolvemento persoal.
O acto de entrega terá lugar o próximo martes, 13 de noviembre, ás 19.00 horas no Auditorio Abanca

Deixar unha resposta