Cada ano dende fai 20 anos
Unha semana de formación e disfrute

Temos que remontarnos máis de 20 anos trás para lembra as primeiras andadas da Agrupación Deportiva M. Peleteiro organizando e colaborando cos Campus de Baloncesto na cidade santiaguesa. Es comezou como entidade colaborada do “Campus Estrelas” que estaba dirixido por Alfonso Rivera, Tonecho Lorenzo e José Antonio Caldas, cedendo as súas instalacións e realizando diferentes achegas loxísticas e técnicas.

Dous anos despois, a ADM Peleteiro presenta a súa primeira edición do Campus Baloncesto Peleteiro, alá polo ano 1992, baixo a dirección de Pepe Casal e a organización de Manuel Vidal, presidente hoxe en día da A.D.M. Peleteiro. Desde aquela, todos os meses de xuño (agás o ano do traslado do colexio de San Pedro de Mezonzo a Monte Redondo) ofrécese aos nenos amantes deste deporte a posibilidade de pasar unha semana gozando do baloncesto, aprendendo e mellorando a técnica e os diferentes fundamentos deste gran deporte, sempre nun clima de convivencia e amizade.

Visitáronnos...

Pau Gasol A “bomba” Navarro Alberto Corbacho Mark Jackson Ismael Santos Ricardo Aldrey Blanca Ares Vicente Sanchís Galilea
Aíto García Reneses Pepu Hernández Moncho Fernández

Son numerosos os xogadores e adestradores que desde os seus comezos deleitaron coa súa presenza aos asisentes ao Campus, deixándonos inesquecibles momentos e experiencias ao longo das diferentes edicións. A súa presenza sempre foi motivo de ilusión de todos os nosos pequenos -e non tan pequenos- participantes.

Tampouco podemos esquecer os grandes adestradores que pasaron polas nosas instalacións, iluminándonos coa súa sabedoría e coñecemento do xogo do baloncesto, e compartindo con todos nós experiencias e vivencias nos seus anos de dedicación. "Místers" que sen dúbida enriqueceron o noso saber acerca deste deporte.

Despois deste gran camiño, o Campus de Peleteiro segue a poñer toda a súa ilusión e esforzo para poder continuar ofrecendo a posibilidade a todos os mozos interesados no aloncesto a participar nas seguintes edicións e experimentar imborrables vivencias cos seus ídolos e gozar dunha aprendizaxe técnica do baloncesto nun clima agradable, nunhas instalacións magníficas e entre un grupo humano único.