A alumna de danza Marta Lucas acada o seu obxectivo

danza03Marta Lucas Fernández, alumna de danza, vén de conseguir superar as probas de acceso ao Grado de Pedagogía de las Artes Escénicas y de la Danza e as probas para o título superior de danza do Instituto Universitario Alicia Alonso na especicialidade de Coreografía e Interpretación de Danza Contemporánea.

Ambas especialidades impártense na universidade pública Rey Juan Carlos en Madrid.

Marta xa estaba matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, pero agora pode trasladarse a Madrid para URJC e así poder cursar os estudos correspondentes e continuar coa súa gran paixón.

Aledámonos por Marta.