Clausura da actividade de judo curso 2016-17

O pasado sábado celebrouse a clausura da actividade de judo por este curso a través dunha xornada lúdica e divertida. A mesma, dirixida por Esther Martínez Ansemil conta con 75 judokas, dos cales, 63 participaron na xornada final.

Nela participaron moitos monitores, colaboradores, profesores do Colexio e, como non, a propia APAP que está destrás de todas as actividades que desenvolve o centro e tamén esta Agrupación Deportiva.

Houbo talleres de todo tipo, exhibicións varias, tempo para o baño… Tratábase de poñer punto e final por este curso á actividade e deixar a porta aberta para o próximo.

Un exemplo máis da entrega, dedicación e mestría de Esther Martínez. Vistas as caras dos partcipantes, mal non o pasaron.

Para que vos fagades unha idea, deixámosvos a ligazón ao informe que recolle todas as actividades e unha ampla reportaxe fotográfica realizada por Silvia Hernández.

Vémonos o curso que vén. Que teñades un bo verán.