Clausurado o IV Campus de Nadal de Rítmica Compostela

Os días 22, 23 e 24 de decembro, tivo lugar no Colexio M. Peleteiro a cuarta edición do campus da Nadal de Rítmica Compostela.

Participaron 70 ximnastas con idades comprendidas entre os 4 e os 19 anos desde o nivel de iniciación ata o nivel de federado.

Ao mesmo asistiron como convidados especiais o Club Esquío de Ferrol e o Club As Triscas de Pontevedra. Os seus ximnastas realizaron exhicións para os asistentes. Paula Pena e Alba Pita do Esquío clasificadas para a Copa España de conxuntos e Ainhoa Soto de As Triscas, campioa galega de conxuntos base e subcampioa individual.

Durante os tres día os ximnastas puideron aprender novas acrobacias e perfeccionar o manexo con cada un dos aparatos: aro, pelota, corda, cinta e mazas, así como realizar outras actividades de deseño de maillots, realización de brochetas con gominolas ou coleteiros navideños.

Aquí aparecen todos os asistentes na foto de clausura:

Clausura2015