Encontro de natación entre o Colexio Obradoiro e Peleteiro

O venres 3 de xuño, os  alumnos de primaria da actividade de natación desprazáronse á Coruña para participar nunha competición de natación adaptada.

A competición disputouse con alumnos da mesma actividade do Colexio Obradoiro e realizouse na piscina de este centro da Coruña. En ese Colexio a actividade de natación practícase cas mesmas características educativas que no noso.

Na expedición participaron  21 alumnos de terceiro, cuarto e sexto, xa que os alumnos de quinto non puideron asistir por coincidir ca súa excursión de fin de curso.

A tarde do venres tiveron que comer un pouco antes do habitual para  poder saír en autobús sobre as dúas da tarde. Despois de un viaxe de unha hora aproximadamente, chegaron ás instalacións do colexio Obradoiro, onde o director das actividades nos acompañou á súa piscina, que ten 25 m. de longo como a nosa, pero con un ancho de seis pistas.

Despois de un pequeno quecemento de uns 15 minutos, realizouse un pequeno desfile ó redor da piscina conxuntamente cos compañeiros do Colexio Obradoiro e a continuación empezaron as primeiras series da competición.

Os alumnos de terceiro e cuarto participaron nas probas de crol, braza  e costas en distancias de 25 m. e os de quinto e sexto participaron nas mesmas probas en distancias de 50 m. A competición rematou con probas mixtas de relevos de 4 x 25 m. libres.

As probas realizáronse con bastante rapidez, aínda que se dispuxo de tempo de descanso entre cada proba.

A competición foi bastante igualada. En algunhas gañaron os alumnos de Peleteiro e en outras os de Obradoiro.

Ó finalizar a competición realizouse unha pequena cerimonia nas que se entregou unha medalla a todos os participantes.

Despois da ducha houbo tempo para merendar antes de coller o autobús de volta a Santiago.

A experiencia foi moi bonita, xa que ofreceu a oportunidade de coñecer unha piscina diferente á nosa e a uns compañeiros ós que tamén lles gusta a mesma actividade.

Queremos agradecer ó Colexio Obradoiro as atencións que tiveron con nos e o cariño co que nos trataron.