Fase local infantil de atletismo

imaxe01A pasada fin de semana (7-8) de maio, celebrouse na Pobra do Caramiñal a fase local infantil de atletismo en pista.

Estes foron os resultados dos nosos atletas:

Enrique Quintero : primeiro na súa serie de 150m cun tempo de 22″21 e segundo na proba de 500ml

Jacobo Ramil: segundo na súa serie de 150ml cun tempo de 23″87 e cuarto na serie de 500ml cun rexistro de 1’37’40

Rui Franco : primeiro nunha espectacular carreira de 220mv cun tempo de 40’97 e segundo na súa serie de 500ml cun rexistro de 1’33’23

Todos eles clasificados para el campionato provincial que se celebrará o próximo 21 de maio en Ribeira.
EN HORA BOA!!!