II Xuntanza natación Colexio M. Peleteiro – Colexio Obradoiro

O pasado venres, 12 de maio, realizouse na nosa piscina o 2º Encontro de Natación entre os colexios Peleteiro e Obradoiro da Coruña.

Máis de 70 nenos inscritos nesta actividade extraescolar, desde 3º ata 6º de primaria, participaron na competición adaptada, organizada polo noso Departamento de Educación Física en colaboración cos alumnos de 1º de bacharelato internacional.

Cada un dos nadadores participou en distintas series segundo o seu nivel de práctica  e ninguén quedou sen o seu merecido premio.

Grazas a todos por participar!