Martina Flores, campioa de España Sub 13

Martina, de verde á dereita, co seu trofeo.

A pasada fin de semana (1-2 de abril) celebrouse en Valencia o Campionato de España de Squash nas categorías Sub 13 e Sub 17.

Enorme éxito para todos os representantes galegos entre os que estaba a alumna do Colexio M. Peleteiro Martina Flores.

A xogadora de Squash Santiago xogou a final Sub 13 contra outra galega, Sofía Rodríguez (Vigo Squash) proclamándose campioa.

Desde aquí a nosa felicitación para ela e tamén para o resto de gañadores integrantes da selección galega de Squash.