Un club con moita historia

logo-old.jpg Primeiro logotipo do club

O Club Deportivo Peleteiro foi creado en 1972 por varios profesores do Colexio Peleteiro de Santiago, converteuse nun dos máis antigos de Galicia e no xerme dunha entidade, a Agrupación Deportiva Manuel Peleteiro (ADM Peleteiro) onde tamén se practican fútbol, fútbol-sala, natación, patinaxe artística, judo, atletismo, xadrez... Sempre coa filosifía do deporte de base, pero sen renunciar á obtención de triunfos en metas maiores.

Nacido no Colexio do mesmo nome, e transformado en ADM Peleteiro en 1995, os inicios están no baloncesto e en 1972, sendo o cuarto club en antigüidade en Galicia dos que participaron sen interrupción en categoría nacional.

Xurdiu da iniciativa dun grupo de profesores do Colexio entre os que estaban Manuel Ramos, Virgilio Moure, José L. Segade, Carmos Lamela, Ramón Villamayor e Alfonso Castiñeiras.

Os presidentes do club

J. Yáñez 1972-74
J. R. Caeiro 1974-76
Lisardo Núñez 1976-82
Lisardo Ramos 1982-85
Emilio Suárez 1985-03
Manuel Mato 2003-05
Manuel Vidal 2005 – Actualidade

De club colexial
De baloncesto de éxito

Como club colexial sempre estivo centrado na canteira, aínda que o primeiro equipo tamén conseguiu éxitos moi importantes, entre eles, varios campionatos galegos de 3ª e 2º división e o correspondente ascenso á antiga liga EBA, unha liga semiprofesional na que militou de 1995 a 1999.

Mais, sen dúbida, do que se sente máis orgullosa é dos éxitos nas categorías inferiores, sendo o club con máis campionatos galegos gañados. Tamén ten un campionato de España xuvenil e dúas presenzas nas fases finais do torneo ao que só accedían os 8 mellores de España.

Eses éxitos refrendaranse en anos susecisivos con novas presenzas nos Campionatos de España de Clubs: infantil feminino de Lanzarote (2012), cadete feminino e infantil masculino de Guadalaxara (2013) ou júnior feminino de Guadalaxa (2014).

Sempre se ocupou do baloncesto masculino e feminino e nesa filosofía segue na actualidade, onde o seu equipo sénior acaba de proclamars campión de 2ª división e acadar o ascenso a 1ª división autonómica feminina.

Da súa canteira foron reclamados xogadores para as categorías inferiores do Real Madrid ou Barcelona. Un dos máis destacados foi Fran Crujeiras, moitos anos xogador e capitán do COB Ourense na ACB.

Por todo isto foi galardoado dúas veces como mellor club galego de baloncesto. Mención á parte, merece o seu Campus de Baloncesto que se organiza desde fai 18 anos no mes de xuño e no que participan maís de 200 nenos e nenas de toda Galicia. Por el teñen pasado Pepe Casal como adestrador e actual director do mesmo, Antonio Díaz-Miguel, Moncho López, Pepu Hernández, Aíto García Reneses ou xogadores como Paul Gasol, Juan Carlos Navarro, Fernando Romay, Alfonso Reyes ou Alberto Corbacho.

about-01.jpg Fran Crujeiras nun adestramento

A recoñecida escola multideportiva

Hoxe en día, e convertido en ADM Peleteiro, pretende dar saída a aqueles nenos que se incian na práctica do deporte na Escola Deportiva e que se incorporan, pasado o tempo, aos distintos equipos que integran a Agrupación Deportiva Manuel Peleteiro.

É a institución que acolle todo o deporte federado do Colegio, nacido en San Pedro de Mezonzo, en pleno centro de Santiago, e hoxe trasladado ao centro da súa actividade deportiva, o pavillón de Montouto, onde agora se sitúa un modernísimo colexio dende o ano 2010.

about-02.jpg Artículo de prensa do 13 de maio 1981
about-03.jpg Equipos masculinos cadetes 1981


about-04.jpg Equipos senior de futból-sala 1983

En futbol, además dos numerosos campionatos provinciais escolares, conseguíronse 8 campionatos galegos do prestixioso Trofeo Liceo la Paz. É este un deporte en auxe, xunto á patinaxe artística, que agrupa a máis de cen nenas que competiron nos últimos anos na fase final do campionato de España por grupos.

A súa historia está unida á do propio colexio. A mítica bomboneira de San Pedro de Mezonzo deu paso a un moderno pavillón en Montouto. As dúas instalacións foron complementarias ata que o colexio completou o seu traslado a Monte Redondo, onde o vello Montouto viuse complementado cun novo e funcional pavillón. Alí está centrada agora toda a súa actividade deportiva e baloncestística.