All Star da 1ª División Nacional Feminina con duas representantes do Peleteiro Hyupersa Santiago

Esta fin de semana, concretamente hoxe sábado, na provincia de Valladolid disputarase o All Star da Primeira División Nacional Feminina.
O noso equipo o Peleteiro Hyupersa Santiago estará representado por duas xogadoras: Lucía Carabán e Tanya Barcala
A sede do ALL STAR da PRIMEIRA DIVISIÓN FEMININA será a localidad de PEDRAJAS DE SAN ESTEBAN (Valladolid) que a partires das 19:00 h e no Pavillón Municipal “Nicolás López Gai” acollerá o sábado ao All Star Feminino onde se darán cita as mellores xogadoras de Primeira División Nacional Feminina Grupo Noroeste (Asturias, Cantabria, Galicia e Castela e León).
Configuráronse dous combinados, un integrado por xogadoras e técnicos de Castela e León e outro con xogadoras e técnicos do resto de comunidades (Asturias, Galicia e Cantabria).
Ademais do estrito cumprimento de protocolos COVID-19 que establece a categoría todas as xogadores, técnicos e árbitros realizaranse antes da súa participación un test de antígenos.
Poderedes seguir o encontro na seguinte ligazón:
Noraboa a Lucía e a Tanya pola sus participación e agardamos que disfrutedes da experiencia.
Aquí podedes ver o rooster dos dous combinados: