As forzas non lle chegaron os cadetes para levarse a vitoria

Encontro:  DEFENSORES DO MORRAZO 55 – PELETEIRO 46   

Lugar e hora: PAVILLÓN DE DOMAIO (MOAÑA). DOMINGO 12//9/21 ÁS 12:00

Resultado final: 55- 46

Parciais :

12-8

14-18

Resultado ó descanso: 26-26

15-13

14-8

XOGARON E ANOTARON:

XANDRE (0), JUAN (16), LUCAS(4), JOSE Mª (7), OSCAR (0), MARTÍN (4), MANU (3), HUGO (4), IAGO(2), JACOBO (6).

AUSENCIAS E MOTIVO:

CRÓNICA :

Despois dun ano e medio de paro forzoso pola pandemia comezábamos unha nova tempada chea de ilusión e emoción por poder volver a desfrutar da nosa paixón, o baloncesto, coa disputa da fase de ascenso á Liga galega e visitando a pista dos Defensores do Morrazo.

O equipo saíu algo acelerado e impreciso e os locais aproveitábanse da súa superioridade física para coller unha pequena vantaxe (12-8).

Pouco a pouco, o equipo foi meténdose no partido lendo mellor a pechada defensa local acadando un parcial favorable (14-18) que facía que chegaramos ao descanso con empate a 26.

Despois do tempo de lecer a situación foi moi similar. O partido era igualado pero a falto de acerto no tiro exterior lastraba o noso xogo mentres os do Morrazo seguían sumando grazas ao rebote ofensivo (15-13).

No derradeiro cuarto o equipo intentouno pero a falta de forzas debido seguramente aos poucos adestramentos que aínda levamos e a pouca claridade para atacar a defensa local, nos fixo ir un paso por detrás. Dúas triplas consecutivas dos locais a falta de 2´ deixábanos sen opcións aínda que o equipo non baixou os brazos e seguiu pelexando pero a vitoria quedaba no Morrazo por 55-46.  

Primeiro paso nesta complicada fase que temos que disputar. Temos que seguir traballando nos adestramentos para minimizar os erros que cometemos e mellorar a nosa lectura de xogo pero o equipo competiu con boa actitude así que a seguir co traballo que os froitos chegarán.