Clausura XXVIII Campus Baloncesto Peleteiro

No día de onte celebrouse a xornada de clausura da XXVIII edición do CAMPUS.

Esta edición foi unha das máis especiais da historia do CAMPUS. Ao non podela celebrar o pasado verán, esta era moi esperada. Custábanos entender o final do curso sen poder gozar e despedirnos co baloncesto.

Desde o primeiro día notouse que todos os nenos e nenas viñan con moitas ganas de baloncesto.
O bo facer dos axudantes, adestradores e todo o persoal do colexio e do club unido ao bo comportamento de todos os participantes fixo que o día a día fose unha festa do baloncesto.

A clausúra foi moi distinta ao que estábamos afeitos, ao non contar nesta ocasión co apoio do patrocinador das últimas edicións do CAMPUS e ao non permitir por medidas sanitarias o acceso a clausúra aos pais e nais dos xogadores que participaron no CAMPUS.
Aínda así cremos que todos o pasaron moi ben ao longo de todo o día, participando nos últimos adestramentos, as gymkanas e o xogo de atrapa a bandeira. Isto unido aos concursos de triplas (coa máquina de tiro de Tiro Libre), os partidos All Star e a entrega de premios con foto de familia final fixeron do último día un fin de festa perfecto para esta semana de baloncesto.

Como sempre, deixámosvos unha galería de fotos a modo de resumo do día e empezamos xa a conta atrás para a celebración do a XXIX edición, dándolle ás grazas a Jim Sports que se converteu en novo patrocinador do CAMPUS.