Cura de humildade para os júniors en Pontecesures

Río Ulla 52  Peleteiro 42

Desprazamento a Pontecesures para enfrontarnos a un rival moi complicado e con moito oficio que sempre soubo a que xogaba. O comezo do partido foi esperanzador xa que ante a inferioridade física manifesta, unha defensa presionante facía que o rival perdese moitos balóns e permitíanos coller unha pequena vantaxe.

Pouco a pouco os de Cesures foron atopando solucións mentres  nós iamos de máis a menos con moitas imprecisións e erros no balance  defensivo que nos custaban moitas canastras doadas do rival. Unha tripla de oito metros sobre a bocina  pechaba o cuarto e parecía presaxiar a dinámica do partido.

O 3° cuarto seguiu do mesmo xeito agravada a nosa situación por un grande atasco en ataque onde nin faciamos boas lecturas nin entraban os tiros e limitados nas rotacións polas faltas acumuladas nos dous primeiros cuartos e as baixas no “rooster” para este partido.

No derradeiro cuarto, grazas a algúns axustes defensivos conseguimos conter a anotación do rival pero nós eramos incapaces de sumar de xeito consistente.

Primeira derrota nesta liga regular que demostra a nosa falta de oficio para este tipo de partidos e que se non estamos ao cento por cento tanto física como mentalmente, ímolo ter moi complicado nesta categoría. Seguro que aprenderemos.

O banco no partido Peleteiro-Santa Baia. Foto: Luís R.
O banco no partido Peleteiro-Santa Baia. Foto: Luís R.

2ª división júnior masculina, xornada 3ª. Pavillón Pontecesures, sábado, 12.00h

Parciais: 4-13 / 22-13 (26- 26 ao descanso); 17-9 / 9-7

Xogaron e anotaron: Luis(5/+9), Carlos M. (0/+1), Germán (8/+5), Diego (4/+3), Miguel (2/+5), Carlos N. (7/+8), Óscar (5/+6), Pablo (1/+2), Víctor F. (10/+11), Víctor C. (0/0). Eliminados: Germán e Carlos Nogueira.