Debut na casa pero sen público

Finalmente e tras pasar as pertinentes probas este venres e dar todas as xogadoras e corpo técnico negativo o Peleteiro Hyupersa Santiago poderá saltar á cancha de Montouto este domingo a partir das 17:00 para disputar o seu primeiro encontro da 1ª División Nacional Feminina. Pero este debut terá unha pega…debido as restriccións nas que se atopa o Concello de Santiago e como medida preventiva faremos este debut sen público…

Agardamos poder compartir con todos vos moitas tardes de baloncesto en Montouto o longo da tempada pero de momento teremos que aguardar e tratar de competir diante do Seis do Nadal Coia de Vigo a un bo nivel.