Dous debuts no encontro disputado en León

Unha das novas agradables desta fin de semana foi o debut de duas das jogadoras juniors do clube.

Debido ás baixas do equipo (ata 6 neste encontro) duas das nosas xogadoras juniors: Paula Tábora e Clara Fidalgo puideron debutar na competición.

As dúas xogadoras junior aproveitaron a oportunidade e non desentoaron, aportando descaro en ataque e traballo en defensa.

Paula Tábora, junior de segundo ano (17 anos), conta con toda a sua traxectoria como xogadora nos equipos de formación do Colexio. Para ela xogar co senior non era novidade xa que a tempada pasada disputou varios partidos co equipo, pero na categoría autonómica. Este foi o seu bautismo na 1ª División Nacional Feminina. Nesta ocasión, puido aportar 6 puntos e varios rebotes, a parte de implicarse en tarefas defensivas.

Pola sua parte Clara Fidalgo (16 anos), junior de primeiro ano, chegou a tempada pasada o clube procedente do CB ALLARIZ. Pronto se integrou no Colexio e o ano pasado fixo moi bos partidos no equipo cadete ata que a COVID paralizou as Competicións. Esta foi a sua primeira experiencia co equipo senior ainda que non se notou no seu xogo xa que ademáis de aportar unha tripla, tamén traballou en defensa e axudou as nosas bases a subir o balón.

Agardamos que estas non sexan os derradeiros debuts na categoría e que poidamos seguir apostando pola xuventude como demostra o noso plantel.