Finalizada a xornada

Estes foron os resultados:

X9. Resultados xornada 25-26 outubro

Vén de rematar a xornada desta fin de semana co partido disputado na Coruña polo equipo júnior feminino. Completábanse así os 15 partidos de básquet programados. Un pouco de todo nunha semana atípica marcada polos exames. As sesións de adestramento perderon efectivos e intensidade e nalgúns casos ata non existiron. Difícil competir así.

Ningén pode imaxinar que un alumno vaia a un exame sen preparalo e agarde aprobar. No cado do deporte, parece ser que se poder competir sen a debida preparación. O tema precisa unha profunda reflexión por parte de todos. Tempo haberá.

En todo caso, das derrotas, normalmente, apréndese máis que das vitorias. Agora que o domingo se acaba, bo é dicirlles a todos que o luns é marabilloso para recuperar o hábito de adestrar para poder competir nas mellores condicións.

Feliz semana a todos!!