Gran melloría do mini masculino de 1ª división a pesar da derrota

Encontro:  

ADM PELETEIRO –  ROSALÍA DE CASTRO       

Lugar e hora:

PAVILLÓN DE MONTOUTO (SANTIAGO)  DOMINGO 21/11/21 ÁS 10:00

Resultado final:

46-56

Parciais :

11-2

5-10

15-16

Resultado ó descanso: 31-28

4-6

7-5

4-17

XOGARON E ANOTARON:

EUME , SAMUEL, DIEGO, PABLO, GUILLE, JAIME, IKER, JOAQUÍN, TOMÁS, NICO e BOSCO.

AUSENCIAS E MOTIVO:

ALEX e LORENZO 

CRÓNICA :

Esta fin de semana nos tocaba recuperar o partido aprazado da 1ª xornada contra o equipo do Rosalía de Castro e o noso equipo quería demostrar que o traballo dos adestramentos vai dando os seus froitos. 

O comezo foi fantástico. A pesar dalgún erro puntual o equipo traballaba ben en defensa freando a ofensiva rival e en ataque movía ben o balón anotando con fluidez.

No 2º parcial o equipo baixou algo en defensa pero en ataque seguíamos con bastante claridade aínda que desta volta non nos acompañaba o acerto.

O seguinte período foi igualado e os ataques se impuxeron ás defensas. Os 2 equipos anotaban con fluidez tanto ao contraataque como dende o perímetro chegándose ao descanso con unha lixeira vantaxe ao noso favor.

Despois do tempo de lecer o partido seguiu marcado pola igualdade. Os dous equipos cometían máis erros e non atopaban a claridade de antes para anotar pero aínda así conseguiamos manternos por diante no marcador.

No último sexto o cansando e sobre todo a ansiedade por gañar cando o tiñamos tan preto fixo que o equipo cometera moitos erros en ataque que aproveitou o Rosalía para anotar con facilidade o que lles permitía coller unha pequena renda que xa non fomos quen de recuperar e que lles daba a vitoria por 46-56.

O equipo mellorou con respecto aos anteriores partidos o que nos permitiu competir en igualdade e mesmo ir por diante no marcador durante 5 sextos. Agora toca seguir traballando para ser máis consistentes, limitar os erros e poder así competir durante todo o partido.