Novos recoñecementos para Blanca que fai historia nos EEUU

Non paramos de recibir boas novas dende o outro lado do Atlántico.

Comezábamos a fin de semana cunha grandísima nova, Blanca Millán convertiuse na primeira xogadora en gañar en dúas ocasións os premios á “mellor xogadora do ano” e a “mellor defensora do ano” na American East Conference.

Repite deste xeito Blanca os logros acadados na tempada 2018-19

Millan, finaliza a tempada regular clasificada como primeira entre os líderes de América do Leste en oito categorías estatísticas e clasificada entre os catro mellores en 12 categorías. Blanca xogadora de quinto ano liderou a liga en puntuación, situándose no posto 17 nos EEUU con 21,7 puntos por partido. En rebotes rematou clasificada na terceira posición na American East Conference (7,4) e terceira en porcentaxe de tiros de campo (47,9).

Alcanzou dobres cifras en 18 encontros, logrou 20 puntos en 11 ocasións…

Defensivamente, Millan logrou o 14o posto nacional en roubos por partido (2,94) e o 18o total en roubos (53), liderando América do Leste en ambas as categorías.

Blanca xogou un papel fundamental á hora de liderar a defensa de Maine, que ocupa o sétimo lugar defensivo o deixar aos adversarios a só 52,4 puntos por partido.

Esta é a terceira ocasión na que Blanca é nomeada para o mellor equipo defensivo.

En definitiva Blanca regresou da sus lesión a un grandísimo nivel, e está a realizar unha fantástica tempada, que agardamos continua esta boa racha nos encontros finais.

Lembrade que podedes axudar a Blanca a gañar o SENIOR CLASS votando na seguinte ligazón (todas as veces que queirades ata o 22 de Marzo): http://www.seniorclassaward.com/vote/womens_basketball_2020-21/