Os nosos valores a través do deporte

A ADM Peleteiro a través do Colexio M. Peleteiro e dos seu Departamento de Educación Física comeza esta tempada/curso unha campaña de sensibilización sobre os valores do deporte.

Vimos observando, dun tempo a esta parte, un aumento da tensión nas nosas competicións (baloncesto, fútbol…) o que nos levou a traballar nun proxecto conxunto centrado na educación deportiva e que agora se concreta nun gran cartel que todos os alumnos do Colexio terán presente nos espazos educativos e deportivos de forman permanente. Titulado “Os nosos valores a través do deporte”, lémbralles aos pais e aos competidores que seguimos apostando polo:

1. Respecto

2. Solidariedade

3. Honestidade

4. Traballo en equipo

5. Esforzo e perseverancia

6. Empatía

7. Responsabilidade

8. Sentido de pertenza

E facémoslles unha pregunta: E ti, comprométeste?

A campañá inclúe unha circular e unha copia do propio cartel que todos os nosos xogadores (de calquera deporte) levarán ás súas casas e que deberán compartir cos seus pais e responder á pregunta en sentido afirmativo se queren seguir divertíndose coa práctica deportiva.

O compromiso tamén abarca aos seus pais e incide especialmente no seu comportamento na bancada.

En definitiva, xogo limpo. Aínda que cambiamos de sitio e o noso lema non estea agora visible, si segue estando presente: Adestramos xogadores; formamos persoas.

E vós, comprometédesvos?

Cartel da campaña
Cartel da campaña