Penúltima xornada da XXVIII edición do Campus Baloncesto Peleteiro

Despois dunha fin de semana, que nos veu de marabilla a todos para recargar as baterías, este luns volviamos ás instalacións do Colexio para celebrar a penúltima xornada do XXVIII Campus Baloncesto Peleteiro.
Algunhas caras facíannos ver que non todos aproveitaran para descansar durante a fin de semana…pero aínda así todos estaban con ganas de afrontar esta xornada, volver atoparse cos compañeiros de equipo do Campus e adestrar.
Na xornada de onte celebráronse os últimos partidos das competicións de 5×5, moi rifadas en case todas as categorías e que nalgunha delas resolverase o gañador por diferenzas mínimas xa que houbo varios empates na clasificación.
O tempo deunos unha tregua e aínda que se prevían chuvascos o Campus puido desenvolverse con normalidade e mesmo gozamos da piscina.
Onte celebrouse ademais a última xornada dos workouts, os adestramentos máis individualizados nos que os nosos xogadores e xogadoras gozan da máquina de tiro e dun programa de realidade aumentada cos que traballan a mellora do tiro, a toma de decisións e o bote.
Deixámosvos como sempre cunha galería de fotos a modo de resumo