Primeira Xornada do XXVIII CAMPUS DE BALONCESTO PELETEIRO

Na mañá de onte mércores tivo lugar a inauguración da XXVIII edición do CAMPUS DE BALONCESTO PELETEIRO.
Probablemente esta fose unha das edicións máis esperadas despois de terse que cancelar a do pasado verán polo COVID e de non poder competir os equipos do noso colexio durante a pasada tempada.
As primeiras palabras dirixiunas, como cada ano Pepe Casal, Director Técnico do CAMPUS, para dar a benvida aos máis de 100 nenos e nenas que atendían sentados sobre a cancha de Montouto.
A continuación foi Ana Martínez, a coordinadora do Campus, a que deu as últimas indicacións aos xogadores e xogadoras e procedeu a presentar a cada un dos adestradores que desde o mércores ata o martes 29 van dirixir os adestramentos e actividades que se desenvolverán en Montouto de 10 a 18:30.
Entre os adestradores queremos destacar a Blanca Millán que xa pasou por todos os “papeis” que se poden desempeñar no noso CAMPUS: primeiro como xogadora durante 9 anos, despois como axudante, fai tres anos como Estrela Convidada e agora como adestradora; sempre que pode volve a casa e nos encantados de tela aquí.

Deixámosvos cunha galería de fotos do día de onte