Resumo e Galería de fotos da fin de semana

Esta pasada fin de semana foi bastante atípico para o que adoitamos estar afeitos no club.
Só se celebraron 3 partidos. Aínda que tres partidos moi interesantes.
Dous pertencentes a unha fase de ascenso á 1ª División infantil e cadete masculina e o terceiro correspondente á terceira xornada da liga regular da primeira división nacional feminina.

O primeiro dos partidos en disputarse foi o do noso equipo infantil masculino que se xogaba contra o BOA VILA BASKET COLEGIO LOS SAUCES o ascenso de categoría.
Xogábase o encontro o sábado ás 16:30 en Santiago de Compostela, concretamente no Pavillón Lorenzo Da Torre; unha das sedes das fases finais de ascenso. Os mozos dirixidos por Roi Martínez non deixaron pasar a oportunidade e fixéronse con esa praza en primeira división infantil

O segundo partido en xogarse foi o que disputaron as xogadoras do equipo Senior Feminino, o Peleteiro Hyupersa Santiago, que nesta ocasión tíñanse que desprazar a Xixón para enfrontarse ao FODEBA XIXÓN en partido correspondente á 3ª xornada. Non puido ser máis rifado o partido con numerosas perdas de balón por parte de ambos os equipos e alternativas á fronte do electrónico.
Non foi un partido brillante do noso equipo, pero puido sobrepoñerse ao mal inicio e aos poucos ir loitando para achegarse no marcador ata lograr facerse coa vitoria nos instantes finais.

Acababamos a fin de semana coa segunda eliminatoria de ascenso. Foi o domingo ás 19:30 e nesta ocasión tocáballe a quenda ao equipo cadete masculino que se enfrontaba ao EDO BRANCO AMOR en loita por unha praza na 1ª División Cadete Masculina.
Tentárono de principio a fin os mozos dirixidos por Antonio Pinaque e Narciso Varela, pero non foron capaces de facerse cun encontro que dominou en todo momento o equipo rival, moi superior sobre todo fisicamente.
Esta derrota non embaza o bo traballo dos mozos durante a fase de ascenso que disputaron brillantemente.