Retransmisión dos encontros do Peleteiro Hyupersa Santiago

Neste ano tan complicado para todos estamos tratando de achegarvos os encontros do equipos Senior Feminino a casa.

As nosas xogadoras están a disfrutar unha incrible experiencia esta tempada ó competir na 1ª División Nacional Feminina por primerira vez nos case 50 anos de historia do club.

Nos non queríamos que ninguén se perdera este debut e por iso levamos toda a tempada emitindo todos os seus encontros pola nosa cante de Youtube.

Esta fin de semana demos un paso máis engadindo os comentarios e narración do encontro.

A encargada da narración dos nosos encontros na casa é Carmen Fernández, ex do colexio e amén ex-xogadora do clube é licenciada en Periodismo dende o ano 2017.

Pero case mellor que se presente ela:

Vinculada ao deporte dende pequena, empecei a interesarme polo baloncesto aos 8 anos. Disfruteino durante máis de 12 anos como xogadora, seis deles en ADM Peleteiro, e agora vou comezar a facelo doutro xeito: darlle voz.

A miña paixón por este deporte levoume a estudar Xornalismo para seguir ligada a el doutro xeito. Licenciei no 2017 e despois de traballar en varios medios locais, presentóuseme a oportunidade de revivir de preto as emocións do baloncesto transmitindo os partidos que o Peleteiro Hyuperusa Santiago xoga en Montouto.

Estamos agradecidos a Carmen por deixarse ​​involucrar nesta aventura e por querer dar voz aos encontros que xogamos na casa. Esta fin de semana debutou e seguramente xa deixou atrás todos os nervios iniciais.

Aproveitamos tamén para desculparnos por todos os erros que puidemos cometer nas emisións. Estamos aprendendo e intentando mellorar na medida que avanzamos, buscando achegar o baloncesto á vosa casa e que todos poidamos gozar desta tempada histórica para o baloncesto feminino do club.