Segundo día da XXVIII Edición do Campus Baloncesto Peleteiro

Hoxe celebrouse a segunda xornada do CAMPUS.
Despois dunha xornada de coñecer aos que serán os nosos compañeiros durante esta semana de baloncesto hoxe no Campus xa se vivía unha xornada moito máis completa.
As dúas sesións de adestramento e as competicións de 5×5 unidos ao día tan espectacular de sol e calor que vivimos hoxe facían que todos, tanto xogadores como adestradores chegasen á hora da comida con ganas de sentar e recargar pilas.
Despois da comida chegaba o momento da sesión de cinema ou descanso no céspede, onde todos buscaban unha boa sombra para tombarse.
Xa pola tarde e cos máis pequenos gozando da piscina, os maiores en dúas quendas distintas gozaban dunha das novidades do CAMPUS, os workouts. Adestramentos nos que os rapaces disfrutan dunha sesión coa máquina de tiro e traballo de coordinación e bote cun programa de realidade virtual.