Terceira xornada do XXVIII CAMPUS BALONCESTO PELETEIRO

No día de onte celebrouse a terceira xornada do CAMPUS.
A calor volveu ser protagonista durante todo o día.
As primeiras sesións de adestramento levaron moi ben, do mesmo xeito que as competicións das 11:00, pero xa os adestramentos de despois do descanso das 12:00 foron complicados de soportar.
Aínda así ninguén protestaba, todos querían xogar e adestrar.
Os torneos de 3×3 e 5×5 xa levan dúas xornadas e vanse decantando os favoritos.
Agora tócannos dous días de descanso para repoñer forzas, os adestradores e os axudantes seguro que as necesitan, estamos seguros de que os nenos e nenas están frescos como o primeiro día 🙂
O luns o CAMPUS retomará a súa actividade coa penúltima xornada

Deixámosvos como sempre cunha galería de fotos