Fin de semana de traballo para as Seleccións Galegas con 14 representantes do Colexio e do Club

Esta é unha das fins de semana mais completas en canto a traballo para as seleccións galegas de baloncesto.
Ó longo desta fin de semana concéntranse as seleccións galegas infantís e cadetes de baloncesto coa participación en distintos torneos

Os rapaces, tanto infantís como cadetes disputarán un Torneo organizado pola Federación de Euskadi, que se xogará las localidades de Deba (Infantil) e Lasarte (Cadete)
Mentres tanto as rapazas infantís e cadetes xogarán o seu Torneo na localidade asturiana de Mieres.
Nestas convocatorias de Seleccións previas ós Campionatos Españois de Seleccións Autonómicas temos a 5 representantes:
Adriana Martínez, Alba Moure, Carmen Suárez e Marta Sanmartin, que disputarán o Torneo de Asturias coa Selección Infantil Feminina e Simón Bermúdez que fará o propio en Deba coa Selección Infantil Masculina.
Pero non serán os únicos representantes do noso clube e do noso colexio que participarán en actividades da Federación Galega esta fin de semana:
Jacobo Diaz Rey, Gael Tadeo Barral Amorós, Miguel Gil Pillado, Pablo Alvarez Caruezo, Javier Prieto Loriente, Nicolás Fuentes Prado, Sergio Suárez Sánchez, Sitota Aguado Lijo e Ana Domínguez Gil participarán nos PDC geográficos e autonómicos masculinos e femininos que se celebrarán en Marín, Noia e A Estrada.
Noraboa pois os 14 convocados para esta longa e fantástica fin de semana.

Deixar unha resposta