Basket Xiria || Obradoiro Peleteiro
44 || 73
Tras unha fantástica participación no torneo Mhl Sports de Zaragoza, o equipo junior Obradoiro Peleteiro retomaba a liga regular na penúltima xornada coa súa visita a Carballo e o obxectivo de seguir sumando triunfos ao mesmo tempo que melloran o seu nivel de xogo mostrado durante todo o torneo e recuperan a varios xogadores lesionados.
Desde o primeiro minuto os obradoiristas deron mostra do seu nivel de xogo, e pouco tardaron en lograr vantaxes superiores aos dez puntos. A través dunha forte defensa e dunha rápida transición, os visitantes sumaban con facilidade en contra ataque e atopaban moitos tiros liberados.
Co paso dos minutos os locais foron subindo o nivel físico, á vez que os obradoiristas comezaban a traballar máis en 5×5 para mellorar determinadas situacións de fronte ao final de tempada. Desta forma as vantaxes mantivéronse durante moitos minutos, e o encontro serviu a ambos os equipos para continuar traballando e crecendo para próximos encontros.
A próxima semana o Obradoiro Peleteiro recibirá na última xornada de liga ao Instituto Rosalía, nunha xornada na que se decidirá o campionato galego e as prazas para a final four.
Ficha técnica

1ª división júnior masculina, xornada 21ª.
Sbado 12:00 horas; pavillón Vila de Noia (Carballo).
Parciais: 8-21, 15-15, 11-18 e 12-19.
5 Inicial: Luis Echeverria, Sergio Furelos,
Enrique Melini, Diego Barbosa e Victor Villadoniga.
Xogaron e anotaron:
E. Melini (14), S. Furelos (11), A. Pérez (11), L. Echeverria (9),
V. Villadoniga (9), A. Romano (9), D. Barbosa (6), A. Carrera (3),
M. Padrón (1), M.Negreira (-).
Baixas: Rafael García e Juan Blanco (lesionados).
Para ver o resto das imaxes, seguir esta ligazón.