RESUMO E GALERÍA DA XORNADA

Unha nova xornada que chega ao seu fin, a derradeira do ano 2018.

Xornada moi especial para nos porque é a do debut dunha nova xeración de xogadores e xogadoras de baloncesto xa que hoye domingo debutaron os babys.

Esta xornada tamén tivo o aprazamento de varios partidos da categoría mini, debido á condensación que sufría algún pavillón.

O sábado xogaron como sempre os minis e preminis de liga local, todos eles fixérono foi ben e gozaron dunha nova xornada de baloncesto.

As mozas do junior adestrado por Nacho tiveron derby xogando nun horario ao que non están moi afeitas, ás 10 da mañá. O partido foi intenso de principio a fin e non foi ata os últimos dous minutos que as nosas mozas conseguiron rompelo ao seu favor. Precioso e rifado partido, propio dun derby.

Os cadetes de Lalo viron como se lles escapaba a vitoria, 3 puntos de diferencia que fixeron que o encontro se decantara a favor dos visitantes, Sigaltec, pero non debemos esquecer a melloría mostrada polos nosos cadetes respeto o partido da primeira volta diante do mesmo equipo.

Tamén xogaron os nosos infantís masculino, o de liga galega, que cedeu no derby en casa do Instituto Rosalía e o infantil C de liga local que se facía coa vitoria diante de Rianxo. As infantís de 1ª división tamén rogaban, esta vez viaxaban a Ferrol onde vencían a BBCA.

Remataba a xornada do sábado o senior masculino, perdendo no seu desprazamento en Foz.

O domingo foi o turno dos minis de liga galega, gañando o masculino en Montrove e perdendo as minis diante de Culleredo.

Xogaron tamén as cadetes, as de liga local e as de 1ª División, perdendo as primeiras na casa diante de La Salle e gañaron as segundas tamén na casa nun moi bo encontro diante de Fundiciones Rey CLB.

Os dous equipos femininos de liga local conseguiron tamén facerse coa vitoria diante de La Salle e de Rosalia.

Vencía tamén o Junior Masculino de Segunda división que mantén os seus bos resultados gañando a Rianxo.

Pero a xornada remataba coa derrota do noso Senior Feminino, diante de Calasancias.

Queda unha pequena galería de fotos a continuación a modo de resumo da xornada

.

Deixar unha resposta